Volver ao Concello

Certificado de empadroamento familiar

Descrición

Permite aos cidadáns solicitar o certificado de empadroamento familiar ante este concello.

¿Quen o pode solicitar?

Persoas físicas maiores de 18 anos que estean empadroadas no municipio.
No caso de menores de 18 años non emancipados, o certificado de empadroamento deberá ser solicitado polos seus pais ou representantes legais.

Requisitos

Require DNI electrónico ou certificado dixital.

Información e documentación a achegar

Para solicitar telematicamente o certificado de empadroamento familiar, deberase remitir o formulario de solicitude debidamente cuberto, achegando os seguintes documento:
- Autorización de representación, no seu caso.

Normativa

· Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.
· Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
· Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.
· Lei 4/1996, de 10 de xaneiro, pola que se modifica a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en relación co padrón municipal.
· Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 1960/1986, de 11 de xullo.
· Real Decreto 2612/1996, de 20 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais aprobado polo Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo.
· Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
· Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

¿Quen tramita a solicitude?

Concello de A Pastoriza

O rexistro en liña de E / S está fóra de servizo tras a conclusión de actividades de mantemento e actualización

Concello de A Pastoriza
Plaza de Galicia 1. 27287 A Pastoriza (Lugo)
Teléfono: 982332197 | Fax: 982332233
Correo electrónico: